![](https://apobra.gal/wp-content/uploads/2024/12/Cartel-do-concerto-da-Coral-Abrente.-Nadal-2024-scaled.jpg)
O teatro cine Elma encherase de música cun novo concerto no 28 de decembro
A música eríxese como un dos pratos fortes das propostas de Nadal que chega da man do tecido asociativo da Pobra do Caramiñal.
Por estas datas, a Coral Abrente e o Cuarteto de corda Obertón ofrecen un concerto. Será no 28 de decembro, ás 19.00 horas, no teatro cine Elma.
Organiza a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, co patrocinio da Concellaría da Cultura.