Dúas novas xornadas de atletismo na Pobra nas categorías base
O calendario deportivo da Pobra do Caramiñal contará neste mes de abril con citas co atletismo nas categorías benxamín/a, alevín/a e infantil. Estas probas enmárcanse na modalidade en pista individual na zona Noia-Santiago e constan de catro xornadas de clasificación previas á fase provincial, dúas delas no estadio municipal da Alta.
Na Pobra, a primeira será no día 16, mentres que a outra transcorrerá no día 29, en ámbolos casos a partir das 10.00 horas. No total, reunirán as probas de marcha, metros lisos, valados, lanzamento de peso, pelota, disco, xavelina, salto de lonxitude, de altura, a tesoira e carreira de remudas.
Organiza a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo (FGA) coa colaboración da Concellaría dos Deportes e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.