
Sesión de organización do Pleno da corporación de 26 de xullo de 2023
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 26 de xullo, a partir das 09.00 horas, a sesión extraordinaria de organización da corporación municipal para a lexislatura 2023-2027, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel María Durán Guillán (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:
- Posta en coñecemento da constitución de grupos políticos municipais e voceiros. Acceso á documentación do primeiro punto
- Dar conta da resolución da alcaldía en materia de nomeamento dos membros da xunta de goberno local e delegacións nesta. Acceso á documentación do segundo punto. Primeira parte / Acceso á documentación do segundo punto. Segunda parte.
- Dar conta das resolucións da alcaldía en materia de nomeamento dos tenentes de alcalde. Acceso á documentación do terceiro punto.
- Dar conta da resolución da alcaldía en materia de delegacións nos concelleiros. Acceso á documentación do cuarto punto.
- Proposta da alcaldía relativa á periodicidade das sesións do pleno. Aprobada por unanimidade. Acceso á documentación do quinto punto.
- Proposta da alcaldía de creación e composicións das comisións informativas. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP). Acceso á documentación do sexto punto.
- Proposta da alcaldía de delegación de competencias plenarias na xunta de goberno local. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP). Acceso á documentación do sétimo punto.
- Proposta da alcaldía sobor do nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP). Acceso á documentación do oitavo punto.
- Proposta da alcaldía sobor da designación de dedicacións, réxime económico das asistencias e indemnización e asignacións ós grupos. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e Grupo Mixto conformado por PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP). Acceso á documentación do noveno punto.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.