Concellaría do Turismo

A Pobra do Caramiñal conta cunha serie de recursos turísticos que a converten nun dos concellos máis atractivos da comarca do Barbanza. Búscase, polo tanto, pór en valor todos estes recursos e crear produtos turísticos interesantes que poñan o foco no turismo de experiencias e que marquen a diferenza con respecto dos demais destinos turísticos da contorna: facer turismo mariñeiro ou desfrutar das viaxes en veleiro son só unha mostra deles. Ademais, impúlsanse eventos capaces de xeraren fluxos turísticos ó longo de todo o ano, como o Entroido Esperpéntico (baseado nos anos 30) ou a Semana do Mar (focalizada no patrimonio mariñeiro).