Edificio de usos náuticos

Esta dependencia encóntrase preto das pistas do Castelo e a carón do mar na súa proximidade ó peirao comercial. Trátase dunha instalación de usos náuticos e piragüismo. Actualmente é a sede do Club Remo Puebla. O edificio estrutúrase en dous andares: no primeiro sitúanse o despacho da directiva, os vestiarios, a zona de almacenamento e o foso, mentres que o superior se habilitou como ximnasio.

rúa Xerardo Fernández Albor s/n
604812841