Archive
PRAZO ATA 2 DE XANEIRO (incluído): axudas ó transporte de estudantes
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que o prazo para solicita-las axudas ó transporte de estudantes permanece aberto ata 2 de xaneiro de 2020 inclusive. Lembrámosvos que as bases reguladoras das ditas axudas están publicadas tamén no taboleiro
Ler máisAbrente e Musicanti cantan o Nadal na igrexa do Castelo 28 de decembro ás 18 h
Neste sábado 28 de decembro de 2019 ás 18 h teremos un fermoso concerto do Nadal na igrexa do Castelo, a igrexa de Santiago do Deán. Contaremos coa presenza das agrupacións Abrente e Musicanti para cantármo-lo Nadal, grazas á
Ler máis“A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, 30 de decembro ás 18.30 h no teatro Elma
30 de decembro de 2019 ás 18.30 h no teatro Elma A Xanela do Maxín presenta A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a
Ler máis“Saaabor!”, un saboroso menú teatral familiar no Elma, 27 de decembro ás 18.30 h
Venres 27 de decembro de 2019, ás 18.30 h no teatro Elma Culturactiva S. Coop. Galega presenta Félix Rodríguez e Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para tódolos públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González. Saaabor! é un
Ler máisO Teatro dos Ghazafelhos tráenos “Rubicundo” ó teatro Elma: 26 de decembro ás 18.30 h
26 de decembro de 2019 ás 18.30 h no teatro Elma O Teatro dos Ghazafelhos presenta Rubicundo. Entrada de balde Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que
Ler máisProgramación da Pequetroula do Nadal de 2019/2020
No Nadal continuamos coa Pequetroula programada pola Concellaría da Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal. As nosas nenas e nenos desfrutarán dunha morea de actividades na praza Maior deseñadas para pasaren unhas boas vacacións do Nadal. Non esquezáde-los
Ler máisAdiada para 4 de xaneiro a festa co DJ Goro e a Disco Chocolate por mor do temporal
Por mor do mal tempo vémonos na obriga de adiar ata 4 de xaneiro a festa que o Concello da Pobra do Caramiñal tiña preparada para hoxe, sábado 21 de decembro de 2019, co DJ Goro e mais coa
Ler máisSábado 21 de decembro ás 12 h na biblioteca municipal da Pobra, contos infantís sobre o Nadal en inglés
Neste sábado, 21 de decembro de 2019, ás 12 h na biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal Victoriano García Martí, as máis pequechas e pequechos terán contos sobre o Nadal en inglés, grazas á academia de Ribeira Kids &
Ler máisCiclo de cinema etnográfico en galego VENRES 13 DE DECEMBRO ás 19 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán
Neste venres 13 de decembro de 2019, a partir das 19 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán, poderemos desfrutar dun ciclo de cinema etnográfico galego e en lingua galega. Será unha estupenda oportunidade de coñecermos máis sobre as nosas paisaxes,
Ler máis“Tres vellas (polo menos)” no Elma, domingo 15 de decembro ás 19 h: Quico Cadaval, Celso Sanmartín e “Guti”
15 de decembro de 2019 ás 19.00 h no teatro Elma Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez (Guti) presentan Tres vellas (polo menos). Entrada de balde ata se completa-la cabida No repertorio dos tres, hai moitos contos que
Ler máis8 de decembro ás 19 h no Elma, Sergio Pazos tráenos “Afiando con humor”
Neste 8 de decembro de 2019, ás 19 h do serán, Sergio Pazos presenta Afiando con humor. Estrea unha nova proposta en que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: o afiador. Quen sabe máis do
Ler máis“O País dos Mandóns”: teatro familiar en galego contra a violencia de xénero, domingo 8 de decembro ás 12 h no Elma
“NÓS, CONTRA A VIOLENCIA” Neste domingo, 8 de decembro de 2019, ás 12 h no teatro Elma, continúa a programación de actividades do Concello da Pobra do Caramiñal con ocasión da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da
Ler máis