
O Teatro dos Ghazafelhos tráenos "Rubicundo" ó teatro Elma: 26 de decembro ás 18.30 h
26 de decembro de 2019 ás 18.30 h no teatro Elma
O Teatro dos Ghazafelhos presenta Rubicundo. Entrada de balde
Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até a fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndono-la posibilidade de perseguírmo-los nosos soños sen sentirmos fronteiras.
Entrada libre ata se completa-lo cabemento do local
Organiza a Concellaría da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.