PRAZO ATA 2 DE XANEIRO (incluído): axudas ó transporte de estudantes
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que o prazo para solicita-las axudas ó transporte de estudantes permanece aberto ata 2 de xaneiro de 2020 inclusive.
Lembrámosvos que as bases reguladoras das ditas axudas están publicadas tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal.
https://apobra.sedelectronica.es
Publicamos a seguir un resumo das ditas bases. Pódese ve-lo anuncio tamén no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña:
Extracto da Resolución da Alcaldía de 28 de novembro de 2019 pola cal se convocan axudas para o transporte de estudantes a centros de ensino para o curso 2019-2020
BDNS(Identif.):484970
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias:
Estudantes que consten no padrón do Concello da Pobra do Caramiñal, que non superen os ingresos per cápita que se detallan na convocatoria e que estean a realizar no curso académico 2019-2020 algún dos seguintes estudos:
– ensinos universitarios adaptados ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de mestrado
– ensinos universitarios conducentes ós títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre/a, enxeñaría técnica e arquitectura técnica
– complementos de formación para o acceso ó mestrado, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura
– ensinanzas da formación profesional (FP)
– ensinanzas de educación especial
– bacharelato, para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes
Segundo. Finalidade:
Gastos de desprazamento ós centros de ensino realizados durante o curso 2019-2020
Terceiro. Bases reguladoras:
Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 87 de 9 de maio de 2016
Cuarto. Contía:
Contía total destinada ás axudas: 7.500 euros
Importe máximo a cada persoa beneficiaria: 100 e 150 euros en función da distancia ó centro
Quinto. Prazo de presentación das solicitudes:
15 días hábiles dende a publicación deste extracto no BOP da Coruña:
ATA 2 DE XANEIRO DE 2020 INCLUSIVE
MODELO SOLICITUDE axudas ESTUDANTES transporte 2019 2020