Archive

O Concello da Pobra convoca procesos selectivos para o nomeamento de persoal funcionario interino

31 Outubro, 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal aproba as bases reguladoras de dous novos procesos selectivos e efectúa a convocatoria das probas mediante unha oposición. Neste caso están orientadas á formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario

Ler máis

A Pobra prepárase para o Campionato Láser Tag dirixido á mocidade

31 Outubro, 2022

A programación A Pobra Moza! continúa nesta semana co Campionato Láser Tag que se desenvolverá no 4 de novembro, a partir das 17.00 horas, nas inmediacións do parque do Castelo. Trátase dunha proposta impulsada dende a Concellaría da Mocidade, da

Ler máis

A Laberca inicia o ciclo teatral da Pobra con De algo hai que morrer

31 Outubro, 2022

Catro compañías teatrais de renome no panorama cultural galego subirán ás táboas do Elma neste mes de novembro ao abeiro do ciclo que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo

Ler máis

Os xardíns terroríficos desenvolveranse neste 31 de outubro na Pobra

31 Outubro, 2022

Debido ao mal tempo da xornada do día 29 de outubro, foi preciso adia-los xardíns terroríficos ao abeiro da programación do Samaín. A Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós

Ler máis

A Pobra afonda no mundo micolóxico por sexto outono consecutivo

31 Outubro, 2022

A paisaxe adquire tonalidades douradas e vermellas, caen as follas das árbores e agroman os cogomelos coa humidade. A Pobra do Caramiñal vivirá durante este outono as VI Xornadas Micolóxicas para lle achegar á cidadanía coñecementos básicos sobre esta rama

Ler máis

O Premio Carlos Mosteiro consolídase no panorama da literatura infantil

31 Outubro, 2022

Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia suman forzas e botan a anda-lo V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Trátase dun certame que busca homenaxea-lo escritor xa falecido, promove-los

Ler máis

A Pobra conxuga tradición e ofrenda cívica para conmemora-lo legado de Valle-Inclán

31 Outubro, 2022

A vixésimo cuarta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán concluíu no 29 de outubro coa tradicional ofrenda cívica onda o monumento do literato, a carón da Torre de Bermúdez, como colofón ás actividades artelladas arredor da data da súa

Ler máis

O Concello da Pobra reclama a Medio Rural axiliza-la reposición dos peches gandeiros

28 Outubro, 2022

Os incendios do mes de agosto causaron diversos danos en municipios como A Pobra do Caramiñal. A Consellería do Medio Rural adquiriu unha serie de compromisos cos concellos afectados, entre eles, o subministro do material necesario para a reposición dos

Ler máis

Persoas maiores adquiren na Pobra competencias dixitais

28 Outubro, 2022

O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal acubilla a impartición dunhas xornadas formativas teórico-prácticas sobre o uso das novas tecnoloxías dirixidas á cidadanía maior de 65 anos. Este é un dos contidos do programa @s nos@s maiores,

Ler máis

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 27 de outubro de 2022

28 Outubro, 2022

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 27 de outubro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

Ler máis

Avanza a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar da Pobra

28 Outubro, 2022

A corporación municipal da Pobra do Caramiñal debateu no pleno extraordinario do 27 de outubro a aprobación da memoria para a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que, finalmente, saíu adiante. A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo

Ler máis

As crianzas participantes na Pequetroula da Pobra festexarán o Samaín

28 Outubro, 2022

O Samaín centrará a programación da Pequetroula  nesta fin de semana. As actividades desenvolveranse nos días 29 e 30 de outubro e seguirán a temática propia destas datas para o desfrute da rapazada: obradoiros de tatuaxes, pintacaras, xogos terroríficos, inchable

Ler máis