Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 27 de outubro de 2022
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 27 de outubro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación da memoria para a municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación definitiva do orzamento de 2022. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación inicial creto extraordinario 4/2022 (comida das persoas maiores). Aprobada por unanimidade.
- Aprobación inicial creto extraordinario 5/2022 (subvención nominativa á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza). Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.