Casa Consistorial
Palacete de arquitectura ecléctica do século XIX. Ata ben tempo despois de comeza-lo século XX, aínda era a casa do concello e tamén colexio de rapazas e, á parte, de rapaces, razón pola cal ten tres portas. Conserva detalles como o reloxo, a campá e os escudos. No presente século ampliouse coa dotación dun edificio anexo. O conxunto do consistorio alberga servizos administrativos (como o da Recadación, o do Empadroamento, o rexistro xeral do Concello, a Intervención, a Tesouraría etcétera), o salón de plenos, o despacho da Alcaldía e o xulgado de paz. Ademais, na parte traseira atópanse as dependencias da Policía local e da Garda Civil. Grazas ás obras recentes, outorgóuselle unha total accesibilidade á entrada principal.