Aulas da confraría
No primeiro andar das antigas instalacións da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal sitúanse dúas aulas onde se desenvolven actividades impulsadas polo Concello ou que contan coa súa colaboración. Estas accións consisten principalmente en cursos e obradoiros, tanto destinados á poboación adulta coma á infantil. Trátase dunhas dependencias amplas, dotadas de mobiliario e outros equipamentos tales como unha televisión ou pantalla para a proxección de material audiovisual. O edificio localízase ó lado das instalacións que acollen a biblioteca municipal Victoriano García Martí e a aula de estudo, nas proximidades da praia dos Areos.