Casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler (Cultura, Deportes e OMIC)
Ademais de acubillar na súa planta baixa unha sala de exposicións que achega ó público distintas propostas culturais ó longo de todo o ano, no primeiro andar sitúase a escola de música e aulas de formación. No que respecta ó segundo andar, nel atópanse os departamentos da Cultura e dos Deportes, a Oficina Municipal de Información de Consumo (OMIC), así como aulas para o desenvolvemento de diferentes obradoiros.