Centro sociocultural da Ribeiriña – O Conchido
O centro sociocultural da Ribeiriña encóntrase no lugar do mesmo nome, na parroquia de Santo Isidro. O edificio é unha antiga escola-vivenda unitaria construída nos anos sesenta. Consta dun edificio con dous andares e unha aula anexa. Xa hai tempo que non hai actividade lectiva. O centro está á disposición da veciñanza para realizar diferentes tipos de actividades. Na mesma parcela hai unhas pistas de deporte. Estase a rematar un proxecto de rehabilitación do propio centro e das antigas vivendas. Hai un proxecto de mellora da accesibilidade, en vías de execución.