Local dos Servizos Sociais e da Igualdade
As oficinas atópanse en pleno centro urbano, xusto fronte á casa consistorial. Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos inclúen no seu cadro de persoal dúas traballadoras sociais, unha educadora familiar e unha auxiliar administrativa, e contan co financiamento da Deputación da Coruña e da Xunta. Así mesmo, adscritas á Área da Igualdade, atópanse a asesora xurídica á muller e a axente da igualdade, coa cal conta a Administración local mediante unha achega económica parcial da institución provincial.