Oficina Municipal de Información de Consumo (OMIC)
É un servizo gratuíto que o Concello lle ofrece ó público como consumidor. A finalidade é informar e orienta-la cidadanía na cuestión dos seus dereitos como persoas consumidoras; alertar dos perigos e das fraudes que puideren acontecer durante os trámites de compra de produtos ou contratación de servizos, tanto nun local comercial físico coma fóra del; axudar coas xestións e a documentación que se precisa nas queixas pola non conformidade dunha persoa usuaria fronte a unha empresa; mediar entre as partes tentando chegar a unha solución do conflito; e recibir e tramita-las reclamacións cara ó organismo competente.