Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade está pensada para a xuventude do municipio e a instalación estrutúrase en catro áreas principais. A aula multiúsos dispón dun escenario, equipamento de son, pantalla, proxector e mobiliario. A sala de traballo, que funciona tamén como aula de informática libre con wifi, está dotada de mesas, ordenadores portátiles e unha pantalla táctil. Na zona de FabLab sitúanse as impresoras 3D e outros equipamentos tecnolóxicos, ademais de material típico dun taller, e na cuarta sala localízase a maquinaria máis pesada. Esta instalación municipal tamén conta con dous servizos.

Rúa Condado nº 7-9
981843280