
Casa Mariñeira-Oficina do Turismo
Declarado “municipio de interese turístico galego” dende 29 de xullo de 2004, A Pobra do Caramiñal posúe unha oficina de información turística que permanece operativa ó longo de todo o ano. Está situada no parque do Castelo, nun edificio coñecido como a Casa Mariñeira. Noutros tempos, esta edificación, que data do século XIX, atopábase cerca do antigo peirao e albergaba unha tenda de efectos navais e ultramarinos. Ademais de oficina do turismo, tamén funciona como sala de exposicións.