Centro sociocultural do Campiño

O centro sociocultural do Campiño sitúase no lugar do mesmo nome, na parroquia do Xobre; é unha antiga escola unitaria construída nos anos sesenta. Consta dunha construción cun único andar e cunha aula anexa. Este edificio conta cunha completa accesibilidade. Xa hai tempo que non ten actividade lectiva. Neste centro fai os seus ensaios e reunións Arrancadeira (asociación cultural) e tamén está á disposición da veciñanza para realizar diferentes tipos de actividades. Existe un proxecto de rehabilitación en elaboración para converter este centro nun espazo versátil, que conte cunha aula homologada onde se vaian poder desenvolver diferentes tipos de actividades: titulacións, actuacións, reunións... e unha zona de ocio exterior.

L/ Casanova nº 22
981843280