
O Club Marquiño celebrará en outubro o seu IX Torneo de Xadrez, puntuable para o Circuíto Galego de Promoción
O Club Deportivo Marquiño xa ten fixada a data para celebrar o seu Torneo de Xadrez Pizza Móvil Concello da Pobra: será o domingo, 5 de outubro, entre as 11.00 e as 19.00 horas no polideportivo municipal da rúa Venecia. A cita, que vai xa pola súa décima edición, puntuará para o XVIII Circuíto Galego de Promoción.
O torneo contará con categorías desde a infantil ou sub-14 (para nados entre 2011-2012), alevín ou sub-12 (para os nados entre o 2013, 2014), benxamín ou sub-10 (2015-2016), prebenxamín ou sub-8 (para os nados en 2017 ou en anos posteriores) e absoluta. En canto á dinámica da competición, esta disputarase seguindo o método suízo a sete roldas de 10 minutos máis 5 segundos de incremento.
As persoas interesadas poderán anotarse vía correo electrónico, enviando un mail ao enderezo xadrezbretema@gmail.com no que terán que indicar o nome, apelidos, categoría e club de pertenza. O prazo límite para as inscricións está fixado para as 23.00 horas do venres, 3 de outubro.
Unha vez rematado o xogo, terá lugar a entrega de premios, na que se outorgarán trofeos aos cinco primeiros clasificados de cada categoría.
Bases participacion IX Torneo de Xadrez Pizza Móvil absoluto
Bases participacion IX Torneo de Xadrez Pizza Móvil promoción




