
José Luis Durán presentará na Pobra o seu libro ‘Canto dende Viana’
O auditorio da biblioteca acollerá este xoves, 30 de abril, a presentación do libro ‘Canto dende Viana’, de José Luis Durán.
A obra é unha viaxe lírica pola memoria, a terra e o mar do Barbanza. O autor fai un canto profundamente arraigado a súa patria emocional, onde cada poema late con forza da tradición, da infancia recordada e coa dignidade mariñeira. O autor constrúe unha crónica poética da vida: o amor, a familia, a terra natal e a conciencia colectiva converténdose en verso.
Durante o acto, que dará comezo ás 20.00 horas, o autor estará acompañado polo alcalde, José Carlos Vidal, e o prologuista, Carlos Ulloa.



