
FESTA DA BICI (9 de xullo de 2017)
No vindeiro domingo, 9 de xullo, vaise realizar na Pobra do Caramiñal a XXVIII FESTA DA BICI, organizada pola Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal
Será de carácter solidario: cada participante terá que achegar un quilo de alimentos non perecedoiros no momento de realiza-la súa inscrición.
Estes alimentos serán recollidos polas asociacións de Cáritas do municipio e irán destinados ás familias máis necesitadas.
Como en tádalas edicións desta festa, están convidados/as a participar tódolos e tódalas veciñas da Pobra e persoas foránea, sempre que traian a súa bicicleta e casco.
A partir das 10.15 h da mañá, na praza Alcalde Segundo Durán, o persoal encargado da organización desta actividade irá realiza-la inscrición dos/das participantes.
O paseo comezará aproximadamente ás 11.00 horas, coa saída e chegada na praza Alcalde Segundo Durán.
Faranse dous circuítos:
PERCORRIDO ATA 8 ANOS: para os máis cativos e cativas, no cal participarán os nenos/as ata 8 anos e os/as que necesiten acompañante exclusivamente, cunha distancia de 2 km totalmente chans e polo núcleo urbano. Tamén poderán participa-los nenos e nenas maiores desa idade que teñan dificultades para realizar un percorrido máis longo. Sairá ás 11 horas.
PERCORRIDO GRANDE: unha vez entren na praza as persoas participantes no percorrido pequeno, tomarase a saída deste percorrido máis amplo, destinado a maiores de 8 anos en diante, cunha distancia aproximada de 11´00 km, polo cal só poden toma-la saída as persoas participantes que poidan cubrir esta distancia a ritmo suave e moderado, quedando excluídos os cativos e cativas máis pequenas, que xa teñen o outro percorrido.
De volta, na chegada á praza Alcalde Segundo Durán, farase un sorteo de regalos cedidos por diferentes entidades comerciais da Pobra: GADIS, SUPERMERCADOS EROSKI , CENTRO SPORT/MANIOTAS E SPORT BIKE.
Organiza esta actividade a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal e colabora o Club de MTB A PORTELA, O MOTOCLUB “SIN FRENOS” e tamén as entidades antes citadas.
Máis información e contacto: Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal




