
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN CURSO 2017-2018
As persoas interesadas en solicitar axudas para a escolarización para o vindeiro exercicio escolar 2017-18, poden facelo ata o próximo 24 de xullo.
Poderán beneficiarse destas axudas todas aquelas persoas que cursen estudios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal da Pobra do Caramiñal, que formen parte de familias con problemática socio-económica e que cumpran os requisitos que se establecen na convocatoria.
Para obter información, poden dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal, sitas na rúa Castelao.