
Día Mundial da Diabetes 2021
Neste 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes.
O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da área da Sanidade, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), participa na campaña impulsada pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) e procedeuse coa colocación dunha publicación de banda deseñada protagonizada polos Bolechas e cuxa temática xira arredor da diabetes. Atópase no cubo instalado nas inmediacións dos Xardíns de Valle-Inclán.
#DíaMundialdaDiabetes #queadiabetesnontepare





