
30 ANOS DO MUSEO VALLE-INCLÁN
Este xoves 18 de maio de 2017, ás 20:00 h, Día Internacional dos Museos, o Museo Valle-Inclán cumpre 30 anos da súa apertura ó público. Para celebralo inaugúrase unha exposición temporal sobre a riqueza en arquitectura e deseño da torre de Bermúdez (século XVI), un ben de interese cultural declarado Monumento Histórico Artístico de Carácter Nacional. Componse dunha serie de láminas de augatinta, debuxos arqueolóxicos de alta calidade e de perfección técnica, creados polo recoñecido artista de Cuntis Héitor Picallo. Coincidindo con esta efeméride, ademais, edítase un libro: A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal, catálogo da obra exposta, cun ensaio histórico sobre os 500 anos do edificio de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán.
Patrocina a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta.




