CONCERTO DE VACAS
19 DE MAIO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA
A programación do Maio Cultural na Pobra continúa co concerto do cuarteto musical De Vacas, integrado polas voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero e a guitarra de Guillerme Fernández. Ofrecen un espectáculo fresco e divertido, co que emocionarse e rir a partes iguais a base de orixinais versións de temas marcados polo éxito: dende Beyoncé ata o Gangnam style, pasando por Enrique Iglesias, Michel Teló. Nesta nova xira presentarán novo repertorio e os clásicos de sempre! E claro non podía faltar “Amodiño”
Música e moito humor nos novos temas para a TOUR VACANAL 2017!!!
Entrada de balde
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra en colaboración coa Deputación da Coruña.