Últimas Novas

A Policía da Pobra do Caramiñal felicitará as nenas e nenos ata 12 anos no día do seu aniversario

A Policía da Pobra do Caramiñal felicitará as nenas e nenos ata 12 anos no día do seu aniversario

            A crise creada pola pandemia do coronavirus COVID-19 é un drama social que estamos a vivir en todo o planeta. Non é motivo ningún de ledicia ou celebración. Entre as medidas que o estado de alarma propón está o confinamento de todas aquelas persoas que non teñan un motivo xustificado para saíren á rúa. Isto faise especialmente duro para algunhas, e sobre todo para a inmensa maioría dos nenos e nenas. Por iso, sen tratar un tema tan serio dunha maneira frívola, pero coa intención de facer máis doada e fácil de soportar esta reclusión obrigada nas vivendas ás máis novas e novos, a Policía local da Pobra do Caramiñal, na medida das súas posibilidades, comprométese a realiza-lo seguinte:

a Policía local en período de 20:00 a 23:00 horas ofrece, para tódolos nenos e nenas de 12 anos e menores, o servizo de ir co vehículo da Policía felicita-lo aniversario de cada neno ou nena. Ten que o solicitar algún membro da familia. As chamadas deberanse realizar ó teléfono 687 482 835. O compromiso adquírese sen prexuízo de que calquera necesidade do servizo, urxente ou non, impida face-lo desprazamento ata o lugar. No caso de se produciren varias demandas para un só día, a prioridade estabelecerase seguindo a orde estrita en que se reciban as solicitudes.