
O Concello publica a listaxe provisional de admitidos/as no obradoiro de conciliación Móvete
O Concello da Pobra do Caramiñal publica a listaxe provisional de persoas admitidas e a listaxe de agarda do Obradoiro de Verán Móvete! 2026, programa impulsado pola Concellería de Igualdade para favorecer a conciliación familiar durante os meses de verán.
A iniciativa desenvolverase no CEP Salustiano Rey Eiras dende o 22 de xuño ata o inicio do curso escolar, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, nados entre 2014 e 2022. Ademais, contará con servizo de madruga e servizo de comedor.
Xunto coa publicación das listaxes, facilítase tamén o Anexo II para o aboamento das taxas correspondentes.
O prazo para efectuar o pagamento das taxas permanecerá aberto ata o 27 de maio. Este deberá realizarse mediante o documento oficial facilitado polo Concello a través do Servizo de Igualdade e dispoñible para a súa descarga nesta publicación e nas redes sociais municipais.
Tras efectuar o pagamento, será necesario presentar o xustificante correspondente a través da sede electrónica ou na oficina do Rexistro. No caso de que non se realice dentro do prazo establecido, entenderase que a persoa solicitante renuncia á praza.
O número de rexistro asignado no momento da entrega da solicitude será o número identificativo empregado na listaxe provisional publicada.
Así mesmo, poderá solicitarse o fraccionamento do pagamento das taxas mediante a presentación dunha instancia xeral, sempre que se teña aboado previamente o primeiro período solicitado.
A lista definitiva de persoas admitidas publicarase o mércores 10 de xuño no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na oficina do Rexistro.
Para obter máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 981 832 764, nas extensións 5 ou 6, ou enviar un correo electrónico a igualdade@apobra.gal.
Anexo II, aboamento de taxas 2026



