
A Pobra do Caramiñal celebrará un pleno extraordinario o 20 de novembro
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará este venres, 20 de novembro, unha sesión extraordinaria do Pleno municipal na que se abordarán diferentes asuntos relacionados coa xestión económica, administrativa e patrimonial.
A sesión contará coa seguinte orde do día:
- Aprobación da Conta Xeral correspondente ó exercicio de 2025.
- Proposta Alcaldía aprobación inicial da modificación de créditos dentro do presuposto de gastos do ano 2026, na modalidade de suplemento de crédito, núm. 21/26.
- Proposta Alcaldía aprobación inicial da modificación de créditos dentro do presuposto de gastos do ano 2026, na modalidade de crédito extraordinario, núm. 22/26.
- Proposta Alcaldía aprobación inicial da modificación de créditos dentro do presuposto de gastos do ano 2026, na modalidade de suplemento de crédito, núm. 23/2026.
- Modificación da Relación de Postos de Traballo e do anexo de persoal do orzamento municipal 2025, prorrogado para 2026.
- Proposta suspensión temporal do procedemento de revisión de oficio incoado respecto do Decreto 2025/3357 do 08.04.2025.
- Proposta de Alcaldía para a elevación a definitiva do acordo inicial sobre o expediente de cesión gratuíta a favor da Xunta de Galicia de bens inmobles propiedade do Concello.
DECRETO 2026-1241 [CONVOCATORIA PLENO 20 NOVEMBRO 2026]
Anímase a veciñanza a asistir á sesión ou a seguila en directo a través da canle oficial de YouTube municipal.
Enlace á retransmisión: https://youtube.com/live/CdRPu1YNgdw?feature=share


