
Listaxe provisional respecto do curso de monitorado de ocio e tempo libre
Xa está publicada tanto no taboleiro de anuncios coma na sede electrónica do Concello a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas con respecto ao curso de monitorado de ocio e tempo libre, dando un prazo de tres días hábiles para corrixir posibles defectos e presentar alegacións.
De non se presentar alegación ningunha, elevarase a definitiva unha vez transcorrido o prazo correspondente.
A ligazón á sede electrónica do Concello é a seguinte: https://apobra.sedelectronica.es/info.0




