
CONFERENCIA DE XAQUÍN DE VALLE-INCLÁN ALSINA
O mércores 26 de outubro no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, terá lugar unha conferencia de Xaquín del Valle-Inclán Alsina.
A conferencia de hoxe serve de preámbulo aos actos de homenaxe a Ramón del Valle-Inclán que durante esta semana terán lugar na Pobra do Caramiñal, en Vilanova de Arousa, Santiago de Compostela e Pontevedra.
Xaquín del Valle-Inclán é biógrafo e investigador do seu antepasado. Ilustrará ao público sobre as relacións familiares afectivas e os intereses de don Ramón nas dúas bandas da ría de Arousa. Dos seus tránsitos e estancias, no Barbanza e no Salnés.
Unha ocasión única para descubrir qué hai de verdade e de mito en torno a un gran escritor da literatura mundial. Hoxe, ás 20:30 horas.




