
Programa de Intervención Comunitaria de Envellecemento Activo e Hábitos Saudables
Accións de asesoramento para a adecuación do entorno no domicilio: asesoramento en materia de accesibilidade a través de consultas e proxectos de adaptación no domicilio.
Accións de asesoramento de rehabilitación física no domicilio: realización por parte das persoas usuarias con un certo grao de dependencia dunha serie de exercicios de motricidade no seu domicilio, coa asistencia e guía do seu coidador principal. Estes exercicios serán pautados dende o centro de día por profesionais de xeito individualizado, tendo en conta as necesidades da persoa. Indicarán e adestrarán aos coidadores para que poidan realizar este tipo de rehabilitación física domiciliaria.
Accións de asesoramento de control da medicación: formación da persoa maior coa presenza do familiar ou do coidador no centro de día sobre os fármacos que a persoa pode ter no seu propio domicilio e como pode facer un bo uso e control dos mesmos co obxectivo de crear estratexias para un bo consumo das mesmas.
Accións de mantemento e mellora das capacidades cognitivas: sesións formativas coa finalidade de que estes adquiran os coñecementos e habilidades necesarios para o desenvolvemento, no propio domicilio, de actividades de carácter terapéutico orientadas á estimulación e potenciación das súas capacidades cognitivas.
Accións de información, asesoramento e orientación: dar resposta ás necesidades de información que estas poidan precisar en materia de axudas, recursos para as persoas maiores e/ou en situación de dependencia.
Mais información:
Servizo de Atención Diúrna de Pobra do Caramiñal.
Lugar: Rúa Venecia S/N 15940 Pobra do Caramiñal
Teléfono: 981 830 687
cd.apobra@cogami.es



