
ASEMBLEA VECIÑAL no Campiño, luns 17 de febreiro, ás 20.30 h: venlle dar ó Concello da Pobra a túa opinión!
O Concello da Pobra do Caramiñal continúa coa rolda de asembleas veciñais!
Hoxe é a quenda da veciñanza do Campiño, a partir das 20.30 h do serán.
O obxectivo é recollermos propostas para os orzamentos de 2020. O compromiso de fomenta-la participación veciñal é fundamental para nós.
A nosa intención é que todo veciño ou veciña teña a oportunidade de achega-las suxestións que considere oportunas.
Unha boa oportunidade para tratarmos en persoa todos aqueles temas que sexan de interese para a veciñanza da zona ou para o concello en xeral.
Non a perdas!
Aí estaremos á túa espera!
(Continuaremos a informar das vindeiras asembleas veciñais.)