
Proxección cinematográfica da longametraxe “Alta Fidelidad”
Venres 16 de decembro ás 20.30 h no teatro Elma
SINOPSE
Película non recomendada a menores de 7 anos
Rob Gordon é o dono dunha tenda de discos de Chicago ó bordo do peche. Só vende discos antigos, dos de vinilo. Rob Gordon é un verdadeiro fanático da música e pasa o tempo cos seus dous chalados empregados, o lunático Barry e o tarado Dick. Pero o negocio de Rob non é o único que está facendo auga na súa vida. A relación con Laura, a súa noiva de sempre, vai mal e acaba deixándoa. A partir deste momento, Rob comeza a reflexionar sobre os seus desenganos amorosos e o que significa para el a felicidade.
Unha longametraxe dirixida polo actor e director Stephen Frears e que conta no elenco cos actores do talle de John Cusack como protagonista, xunto coa actriz Iben Hjejle. Esta filme recibiu numerosas nominacións un ano despois da súa estrea: os premios Bafta e os Globos de Oro e os Grammy.