Horario de luns a venres, de 09.00 a 15.00 horas
  • Inicio
  • Concello
    • Concellarías
      • Concellaría do Urbanismo
      • Concellaría das Obras
      • Concellaría do Réxime Interior
      • Concellaría da Facenda
      • Concellaría da Igualdade
      • Concellaría da Promoción Económica
      • Concellaría de Ensino
      • Concellaría do Medio Ambiente
      • Concellaría do Patrimonio
      • Concellaría da Cultura
      • Concellaría dos Deportes
      • Concellaría dos Servizos Sociais
      • Concellaría do Turismo
      • Concellaría da Mobilidade
      • Concellaría da Participación Veciñal
      • Concellaría da Memoria Histórica
      • Concellaría da Mocidade
      • Concellaría da Seguridade
      • Concellaría dos Servizos Municipais
      • Concellaría do Benestar Animal
      • Concellaría do Persoal
      • Concellaría da Sanidade
      • Concellaría das Relacións Institucionais
      •  
    • Organigrama
    • Directorio
    • Normativa municipal
    • Identidade corporativa municipal
  • Servizos
    • Instalacións municipais
    • Servizos
  • Coñece A Pobra
    • Historia
    • Datos de interese
    • Calendario de eventos
    • Galería
  • Eventos
  • Novas
  • Participación veciñal
  • Transparencia
  • Galego
  • Español
Contacto
  • Inicio
  • Concello
    • Concellarías
      • Concellaría do Urbanismo
      • Concellaría das Obras
      • Concellaría do Réxime Interior
      • Concellaría da Facenda
      • Concellaría da Igualdade
      • Concellaría da Promoción Económica
      • Concellaría de Ensino
      • Concellaría do Medio Ambiente
      • Concellaría do Patrimonio
      • Concellaría da Cultura
      • Concellaría dos Deportes
      • Concellaría dos Servizos Sociais
      • Concellaría do Turismo
      • Concellaría da Mobilidade
      • Concellaría da Participación Veciñal
      • Concellaría da Memoria Histórica
      • Concellaría da Mocidade
      • Concellaría da Seguridade
      • Concellaría dos Servizos Municipais
      • Concellaría do Benestar Animal
      • Concellaría do Persoal
      • Concellaría da Sanidade
      • Concellaría das Relacións Institucionais
      •  
    • Organigrama
    • Directorio
    • Normativa municipal
    • Identidade corporativa municipal
  • Servizos
    • Instalacións municipais
    • Servizos
  • Coñece A Pobra
    • Historia
    • Datos de interese
    • Calendario de eventos
    • Galería
  • Eventos
  • Novas
  • Participación veciñal
  • Transparencia
  • Galego
  • Español
Contacto
  • Inicio
  • Concello
    • Concellarías
      • Concellaría do Urbanismo
      • Concellaría das Obras
      • Concellaría do Réxime Interior
      • Concellaría da Facenda
      • Concellaría da Igualdade
      • Concellaría da Promoción Económica
      • Concellaría de Ensino
      • Concellaría do Medio Ambiente
      • Concellaría do Patrimonio
      • Concellaría da Cultura
      • Concellaría dos Deportes
      • Concellaría dos Servizos Sociais
      • Concellaría do Turismo
      • Concellaría da Mobilidade
      • Concellaría da Participación Veciñal
      • Concellaría da Memoria Histórica
      • Concellaría da Mocidade
      • Concellaría da Seguridade
      • Concellaría dos Servizos Municipais
      • Concellaría do Benestar Animal
      • Concellaría do Persoal
      • Concellaría da Sanidade
      • Concellaría das Relacións Institucionais
      •  
    • Organigrama
    • Directorio
    • Normativa municipal
    • Identidade corporativa municipal
  • Servizos
    • Instalacións municipais
    • Servizos
  • Coñece A Pobra
    • Historia
    • Datos de interese
    • Calendario de eventos
    • Galería
  • Eventos
  • Novas
  • Participación veciñal
  • Transparencia
  • Galego
  • Español
  • Inicio
  • Concello
    • Concellarías
      • Concellaría do Urbanismo
      • Concellaría das Obras
      • Concellaría do Réxime Interior
      • Concellaría da Facenda
      • Concellaría da Igualdade
      • Concellaría da Promoción Económica
      • Concellaría de Ensino
      • Concellaría do Medio Ambiente
      • Concellaría do Patrimonio
      • Concellaría da Cultura
      • Concellaría dos Deportes
      • Concellaría dos Servizos Sociais
      • Concellaría do Turismo
      • Concellaría da Mobilidade
      • Concellaría da Participación Veciñal
      • Concellaría da Memoria Histórica
      • Concellaría da Mocidade
      • Concellaría da Seguridade
      • Concellaría dos Servizos Municipais
      • Concellaría do Benestar Animal
      • Concellaría do Persoal
      • Concellaría da Sanidade
      • Concellaría das Relacións Institucionais
      •  
    • Organigrama
    • Directorio
    • Normativa municipal
    • Identidade corporativa municipal
  • Servizos
    • Instalacións municipais
    • Servizos
  • Coñece A Pobra
    • Historia
    • Datos de interese
    • Calendario de eventos
    • Galería
  • Eventos
  • Novas
  • Participación veciñal
  • Transparencia
  • Galego
  • Español
Blog
Inicio Actualidade Proceso selectivo: bolsa emprego persoal animador turístico
ActualidadeEmpregoOferta pública de empregoTurismoÚltimas noticias
Xuño 17, 2019

Proceso selectivo: bolsa emprego persoal animador turístico

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca o proceso selectivo, mediante un concurso-oposición, para unha lista de emprego de persoal ANIMADOR TURÍSTICO (laboral temporal).

O prazo para se presentar ó dito proceso (4 DÍAS HÁBILES) abrirase cando o anuncio se publicar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (no día seguinte ó da publicación no BOP).

  (Anuncio publicado no BOP de mércores 19 de xuño de 2019. Polo tanto, o prazo estará aberto dende xoves, 20 de xuño, deica martes, 25 de xuño de 2019, ambos inclusive.)

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/06/19/2019_0000004825.html

Tamén se publicará no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal:

https://apobra.sedelectronica.es

A seguir, publícanse, para os efectos informativos, as bases reguladoras do proceso selectivo.

20190617_Resolución_ 20190609_Resolución_Decreto_Resolución aprobación bases anim turismo 2019

BASES DE SELECCIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA LISTAXE DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL ANIMADOR TURÍSTICO PARA O CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

 

1 Obxecto:

Crear unha listaxe de contratación laboral temporal de ANIMADORES/AS TURÍSTICOS/AS para a Oficina de Turismo do Concello da Pobra do Caramiñal. Esta listaxe, despois dun proceso selectivo, terá unha duración máxima de dous anos, prorrogábeis outros dous anos máis por unha resolución da alcaldía, e sen prexuízo de que se poida precisar unha selección específica de xeito excepcional.

2 Modalidade, duración dos contratos e xornada:

O modelo de contrato de traballo que se utilizará será o de duración determinada na modalidade máis axeitada ó caso concreto: realización de obras ou servizos determinados, eventual por circunstancias da produción etc.

A duración dos contratos non poderá supera-lo tempo estabelecido nos decretos de contratación.

O contrato será pola xornada semanal que sexa necesaria para a realización das tarefas encomendadas.

Este contrato non se rexerá por ningún convenio sectorial. Unicamente poderá acollerse ó conxunto de cláusulas da negociación colectiva municipal en conformidade coa normativa vixente en tanto a contratante é a Administración pública.

3 Requisitos mínimos:

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas candidatas deberán posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

* Os requisitos xerais exixidos para poderen participar nos procesos selectivos segundo o estabelecido no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) e demais normativa directamente aplicábel

* Posuí-la capacidade funcional para o desempeño das tarefas inherentes ó posto

* Non estaren separadas mediante un expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou en calquera dos supostos que considera  o Real decreto lexislativo 5/2015

* Título de formación profesional de grao superior en Información e Comercialización Turística ou técnica/o superior en Guía, Información e Asistencia turística; técnica/o en Empresas e Actividades Turísticas, ou grao ou diplomatura en Turismo, ou equivalente homologado

* Coñecemento do galego: Celga 3 ou equivalente

4 Presentación de solicitudes:

As solicitudes para a participación no proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Pobra do Caramiñal ou en calquera das formas prevista no artigo 15.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 4 días dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, así como na súa sede electrónica (apobra.sedelectronica.es).

Pasado este prazo elaborarase a listaxe de persoas admitidas e excluídas.

Xunto á instancia achegarase:

  • Unha fotocopia simple da titulación
  • Unha fotocopia simple do documento identificador: DNI, pasaporte ou permiso de condución, ou no seu lugar acreditación de extravío ou subtracción do DNI. Caso de estranxeiros, pasaporte que acredite a súa nacionalidade de existir tratado que o permita, ou NIE de ser nacionais de estados membros da UE así como os seus cónxuxes non separados e descendentes menores de 21 anos e dependentes, ou no resto dos casos, permiso de residencia; todos eles vixentes.
  • Os xustificantes dos méritos alegados na base 5.2.
  • A fotocopia simple do título do Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde de 16 de xullo de 2007, pola cal se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, de 30 de xullo).
  • As persoas finalmente seleccionadas presentarán os orixinais de toda a documentación requirida anteriormente antes da sinatura do contrato. De non se presenta-la dita documentación (salvo casos de forza maior) ou no caso de se deducir desa documentación que non se reúnen os requisitos exixidos, a persoa aspirante non poderá ser contratada; sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade na súa solicitude de participación. Neste suposto, o Concello contratará a seguinte persoa aspirante aprobada por orde de puntuación.

As persoas candidatas con discapacidade cun grao igual ou superior a 33% deberano indicar expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecido, e deberán xunta-lo ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de valoración que ditaminou o grao de discapacidade. Así mesmo, poderán solicita-las posíbeis adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación for necesaria.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. alcalde, no prazo máximo de 3 días hábiles, mediante unha resolución aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. A dita resolución será definitiva de non haber excluídas, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na sede electrónica municipal apobra.sedelectronica.es, relacionándose as persoas aspirantes excluídas coa indicación da causa de exclusión.

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de 3 días hábiles para achega-las emendas das deficiencias sinaladas ó Rexistro Xeral do Concello da Pobra do Caramiñal. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará na mesma forma. Contra a resolución en que se declare a exclusión definitiva da persoa aspirante, poderase interpoñer potestativamente un recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente un recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no taboleiro de anuncios do Concello da Pobra do Caramiñal.

5 Sistema de selección:

5.1 Oposición (puntuación máxima: 10 puntos)

O tribunal comprobará a identidade das persoas candidatas antes do inicio de cada proba, para o cal deberán acudir provistas do DNI ou, se non, pasaporte ou carné de conducir orixinais, ou o documento equivalente. Serán excluídas as que non puideren acredita-la súa identidade.

A fase de oposición terá carácter eliminatorio e, para superala, será necesario obter cando menos a metade da puntuación máxima prevista na proba.

Nesta fase o tribunal valorará os coñecementos e a capacidade para a realización dos traballos propios da praza.

PROBA TIPO TEST: 8 PUNTOS

Consistirá na realización dunha proba tipo test de 30 preguntas de coñecementos sobre o posto de traballo que se vai cubrir e sobre as accións, actuacións e actividades deste, segundo o temario indicado a seguir:

TEMARIO:

  1. A organización administrativa do turismo. As competencias da comunidade autónoma galega en materia de turismo
  2. Lei galega 7/2011, de 27 de outubro, de turismo
  3. As competencias e a organización administrativa en materia de turismo
  4. As competencias municipais e supramunicipais en materia de turismo
  5. Rede Galega de Oficinas de Turismo
  6. A regulación dos dereitos e deberes das usuarias e dos usuarios turísticos
  7. Dereitos das usuarias e usuarios turísticos. Obrigas das usuarias e dos usuarios turísticos
  8. O dereito de información
  9. Dereito á calidade dos bens e servizos adquiridos
  10. Dereito a formular queixas e reclamacións
  11. Dereito de non discriminación
  12. Recursos de interese turístico
  13. “Plan de organización turística de Galicia”
  14. Xeodestinos turísticos
  15. Territorios de preferente actuación turística
  16. Declaración de municipios turísticos
  17. Servizos mínimos dos municipios turísticos
  18. Efectos da declaración de municipio turístico
  19. A comunidade autónoma galega como marca turística
  20. A calidade turística
  21. As empresas turísticas
  22. Ordenación e clasificación das empresas turísticas
  23. Dereitos das empresarias e dos empresarios turísticos
  24. Obrigas das empresarias e dos empresarios turísticos
  25. Protección dos dereitos das persoas na actividade turística
  26. Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da comunidade autónoma galega
  27. O patrimonio natural e cultural galego
  28. Medidas de promoción turística
  29. Festas galegas de interese turístico
  30. Fomento do turismo
  31. Réxime sancionador
  32. O destino turístico Arousa Norte
  33. Xestión turística en Arousa Norte. Competencias dos concellos e da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

 

ESPECÍFICAS

  1. Os recursos turísticos do concello da Pobra do Caramiñal
  2. Patrimonio cultural do concello da Pobra do Caramiñal
  3. Patrimonio natural do concello da Pobra do Caramiñal
  4. Actividades de promoción turística do Concello da Pobra do Caramiñal
  5. Material de promoción turística editado polo Concello da Pobra do Caramiñal
  6. Patrimonio arqueolóxico do concello da Pobra do Caramiñal
  7. Rutas do concello da Pobra do Caramiñal

PROBA DE DESENVOLVEMENTO NO POSTO E FLUIDEZ NOS IDIOMAS: 2 PUNTOS

 

Consistirá nunha entrevista para a avaliación do desenvolvemento das persoas aspirantes nas tarefas, fluidez comunicativa, aptitude e idiomas.

5.2 Concurso (puntuación máxima: 6 puntos):

Nesta fase só se avaliará aquelas persoas que superen a fase de oposición.

A fase de concurso non terá carácter eliminatorio e a puntuación obtida nela non poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición. A puntuación máxima non poderá supera-lo 40 % da puntuación total.

Só entrarán no baremo os méritos adquiridos ata o día, inclusive, da publicación do anuncio da convocatoria.

Toda a documentación que a persoa candidata pretenda que se lle tome en conta para o baremo de méritos terá que  ser achegada durante o prazo de presentación de solicitudes, non tomándose en consideración a presentada con posterioridade ó remate do dito prazo, que será considerada como achega de nova documentación fóra de prazo.

Terase en conta as seguintes indicacións:

  • O apartado de formación acreditarase mediante a fotocopia dos títulos ou diplomas estendidos ou certificacións expedidas polo organismo ou centro correspondente coa expresión do curso ou xornada realizada e número de horas (no caso de equivalencias farase constar esta ou a fonte para a súa comprobación).
  • A experiencia profesional na categoría deberase acreditar conxuntamente por medio dun informe de vida laboral, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade social, e coa fotocopia dos contratos de traballo. No caso de ter traballado nalgunha administración pública, as copias dos contratos de traballo poderán ser substituídas por medio do certificado da Administración contratante do tempo traballado na categoría correspondente.

 

5.2.1 Experiencia:

A experiencia profesional valorarase segundo o seguinte baremo:

  • Por cada mes completo de servizos prestados en postos de traballo relacionados coas funcións por desenvolver na administración pública: 0,20 puntos
  • Por cada mes completo de servizos prestados en postos de traballo relacionados coas funcións que se van desenvolver noutras empresas ou entidades: 0,10 puntos

Puntuación máxima: 1,70 puntos

5.2.2 Formación:

  1. FORMACIÓN UNIVERSITARIA (puntuación máxima 1 punto):

A.1.- Estar en posesión de titulación universitaria (grao ou diplomatura de Turismo): 1 punto.

  1. FORMACIÓN COMPLEMENTARIA (puntuación máxima 1 punto):

Cursos (non xornadas) relacionados coas funcións que se van desenvolver:

  • De 20 a 59 horas: 0,25 puntos
  • De 60 a 149 horas: 0,50 puntos
  • De 150 ou mais horas: 1 punto
  1. COÑECEMENTO DO GALEGO (só se valorará o de maior puntuación): puntuación máxima: 0,30 puntos

– Celga 4 ou equivalente: 0,10 puntos

– curso de linguaxe administrativa medio: 0,20 puntos

– curso de linguaxe administrativa superior: 0,30 puntos

Segundo o estabelecido na disposición adicional segunda da Orde de 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146 de 30 de xullo de 2007) para o acceso e a valoración de méritos na función pública terá a mesma validez posuí-las certificacións de aptitude dos cursos de lingua galega regulados na Orde de 1 de abril de 2005 (oral, iniciación e perfeccionamento) ca as certificacións de aptitude dos Celga.

  1. COÑECEMENTO DE IDIOMAS: puntuación máxima de 2 puntos

Valoraranse os coñecementos de idiomas debidamente acreditados, que teñan relación co posto de traballo a que se opta, que foran convocados, impartidos e/ou homologados polos centros oficiais, universidades e administracións públicas.  Segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas:

A1: 0,25 puntos

A2: 0,50 puntos

B1: 0,75 puntos

B2: 1 punto

C1: 1,25 puntos

C2: 1,50 puntos

As puntuacións deste apartado non son acumulábeis polo mesmo idioma, de tal xeito que a valoración dun curso superior anula a do/s inferior/es.

 

5.3 Exercicio de galego: APTO ou NON APTO

O tribunal comprobará a identidade das persoas candidatas antes do inicio da proba, para o cal deberán acudir provistas do DNI ou, de non o teren, pasaporte ou carné de conducir orixinais, ou documento equivalente. Serán excluídas as persoas que non puideren acredita-la súa identidade.

Este exercicio realizarano aquelas persoas aspirantes que resulten seleccionadas e as suplentes que non estean exentas da realización deste, é dicir, que conten co certificado expedido polo órgano competente.

Estarán exentos de realizar este exercicio as/os aspirantes que acrediten, mediante orixinais ou fotocopias cotexadas e dentro do prazo sinalado para presenta-la solicitude para participar no proceso selectivo, que posúen o Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde de 16 de xullo de 2007, pola cal se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, de 30 de xullo).

Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección ditará a resolución pola cal convocará as persoas candidatas que non acreditaran posuí-lo diploma, certificado ou curso que acredite o grao de coñecemento do idioma galego, á realización dunha proba oral, de carácter eliminatorio, en que poidan acreditar tal coñecemento.

O exercicio consistirá na tradución dun texto do castelán ó galego e doutro do galego ó castelán, extraídos ambos dalgúns dos xornais do día da proba. O tempo máximo para a realización da dita proba será de 1 hora.

Corresponderá ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos exixidos para acada-lo resultado de APTO.

A actuación das persoas candidatas levarase a cabo por orde alfabética segundo o estabelecido no sorteo publicado na Resolución de 24 de xaneiro de 2019 da Consellaría da Facenda, que estabelece para o presente ano empezar por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra “Q”.

As persoas candidatas serán convocadas nun único chamamento que se fará público a través da páxina web, sede electrónica e do taboleiro de anuncios do Concello. Serán excluídas as que non compareceren, excepto nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

6 Selección das persoas candidatas:

O tribunal efectuará a selección conforme se describe no punto quinto destas bases.

Os membros do tribunal deberanse abster de intervir, e notificarano á autoridade convocadora, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. As persoas aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente, en todo caso, o/a presidente/a e o/a secretario/a ou quen legalmente os/as substitúa.

O tribunal, na súa actuación, axustarase ó estabelecido nas presentes bases; no non disposto seralle de aplicación a normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, coma na demais normativa de aplicación.

Unha vez rematado o proceso de selección o tribunal relacionará as persoas aspirantes en orde de maior a menor puntuación e proporá a listaxe ó Sr. alcalde para a realización das oportunas contratacións.

Asemade recollerase a relación de aspirantes por orde de prelación que tendo superados os exercicios da oposición, de se-lo caso, non se  incluíran na lista de persoas aprobadas e proposta de nomeamento, para os efectos de poder, se así se estima, ser contratadas eventualmente, para cubrir provisionalmente as vacantes que se produzan ou as ausencias por gozo de permisos regulamentarios, necesidades do servizo etc. ou por se for necesario cubrir algunha baixa ou renuncia do/A seleccionado/a, segundo a orde de maior puntuación obtida.

Unha vez se proceda á contratación das persoas aspirantes, serán requiridas para que previamente acheguen a documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas bases para accederen ó posto de traballo, e presentarán a declaración de non incorrer en causas de incompatibilidade con relación ás tarefas por realizar.

Como requisito previo á contratación, as persoas aspirantes realizarán o preceptivo curso de prevención de riscos laborais inicial no posto de traballo. Perderán os seus dereitos se así non o fixeren.

No caso de que a persoa aspirante non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo ata a finalización do que reste do programa de contratación, de se-lo caso, situación que tamén poderá suceder no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade etc., utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada suposto.

De se produciren empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente os seguintes criterios:

  1. a) Maior puntuación na fase de oposición
  2. b) Maior puntuación no concurso
  3. c) En ultimo lugar, resolverase mediante sorteo público

7 Chamamentos ás persoas aspirantes:

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita te-la constancia da súa recepción. Nos supostos en que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsíbel coa antelación suficiente ou, polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesaria a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e prestación do servizo público, o chamamento poderase realizar telefonicamente, sen prexuízo da entrega da comunicación escrita no momento da súa incorporación.

8 Situación nas listaxes:

As persoas integrantes da listaxe resultante que, sendo convocadas para facer efectiva a contratación, non se presentaren ou renunciaren a ela, pasarán ó último posto da listaxe, salvo indicación expresa de que non desexan continuar nela.

A renuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo realizada pola persoa contratada suporá a perda dos seus dereitos na listaxe.

Unha vez rematada a contratación, a persoa interesada pasará a ocupa-lo mesmo posto no que estivese na listaxe.

9 Interpretación das bases:

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-los acordos necesarios para a boa orde do proceso de selección en todo o non previsto nestas bases.

10 Regras de funcionamento da bolsa de emprego:

  1. Coas persoas candidatas que superasen o proceso selectivo (ou os que superasen o primeiro exercicio da fase de oposición nos procedementos por oposición ou concurso-oposición) formarase unha lista por orde de puntuación total obtida, que será empregada para o chamamento de persoas candidatas coa finalidade de realizar contratacións laborais temporais en aplicación dos supostos previstos no artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores (realización de obras ou servizos determinados, acumulacion de tarefas e substitución de traballadores con dereito a reserva do posto de traballo)/ nomeamentos temporais en aplicación dos supostos previstos no artigo 10.1 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público .

Soamente poderá prescindirse desta bolsa de emprego cando a aplicación doutra norma de rango legal ou regulamentario, ou, no caso de contratacións financiadas con subvencións públicas, a súa normativa reguladora impoña a utilización dun procedemento de selección diferente, ou a exixencia de requisitos ou a valoración doutros criterios de selección diferentes ós destas bases.

  1. O nomeamento das persoas aspirantes efectuarase atendendo á súa clasificación na bolsa de traballo, por orde decrecente de puntuación, que virá determinada pola suma total das puntuacións acadadas no proceso selectivo.
  1. Os chamamentos realizaranse por vía telefónica: efectuaranse, como mínimo, dúas chamadas cun intervalo mínimo de 5 horas. Coa finalidade de posibilita-la mellor tramitación do procedemento, os/as interesados/as son responsábeis de comunicar ó Concello calquera alteración do seu número de contacto.

O/a empregado/a público que efectúe as chamadas fará constar mediante unha dilixencia a disposición da persoa interesada a cubri-lo posto para o cal se realice o chamamento. De non atende-las chamadas telefónicas, entenderase que a persoa aspirante desiste del.

  1. As persoas integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se o nomeamento para o cal son chamadas finaliza, retornarán ó posto que novamente lles corresponda na lista.
  1. As persoas integrantes da bolsa de traballo que sexan convocadas para facer efectiva a contratación e non se presenten ou renuncien a esta sen causa xustificada, ou que renuncien a continuar desempeñando un posto para o que fosen contratadas en aplicación destas bases, pasarán a ocupa-la última posición na lista. No caso de seren convocadas por segunda vez e non atenderen o requirimento, serán excluídas da bolsa.

Consideraranse como causas xustificadas para a renuncia ó chamamento as seguintes:

  1. A) Estar desenvolvendo un traballo remunerado en virtude de relación laboral ou funcionarial nas datas para as que se efectúa o chamamento.
  2. B) Estar realizando estudos presenciais en centros situados fóra do termo municipal da Pobra do Caramiñal, ou estar convocada a realización de exames nas datas para as que se efectúa o chamamento.
  3. C) Atoparse en situación de incapacidade médica que impida de xeito temporal o desenvolvemento das tarefas propias do posto de traballo.
  4. D) Atoparse, en caso de maternidade, dentro das 16 semanas seguintes ó nacemento, adopción ou acollemento (período que se ampliará en 2 semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo), ou, en caso de paternidade, dentro das 4 semanas seguintes ó nacemento, adopción ou acollemento (período que se ampliará en 2 días hábiles máis por cada fillo a partir do segundo).

A persoa candidata deberá acreditar documentalmente a efectiva concorrencia da causa que alegue para renunciar ó chamamento.

Mediante unha resolución da Alcaldía, determinarase a procedencia da pasaxe á última posición da lista, así como a aceptación ou rexeitamento das causas alegadas polas persoas candidatas para a renuncia ó chamamento ou a desistencia no posto de traballo.

  1. A aceptación dun chamamento suporá a suspensión dos chamamentos ata que cese o primeiro nomeamento.
  1. As persoas integrantes da bolsa de traballo que non se atopen prestando servizos poderán solicita-la suspensión das citacións mediante unha solicitude formulada para tal efecto. A dita solicitude, que será irrenunciábel, terá efectos suspensivos nas citacións. Os seus efectos produciranse dende o décimo día natural seguinte contado dende a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, á elección da/o interesada/o, será de dous, seis ou doce meses, segundo o solicite a persoa interesada, computados dende a data dos efectos da suspensión.
  1. Unha vez compareceza a persoa aspirante chamada segundo a orde da bolsa de traballo, por unha resolución da Alcaldía procederase ó seu nomeamento para o desempeño do posto de traballo correspondente.
  1. O cesamento producirase por unha resolución da Alcaldía cando aconteza a causa de extinción do contrato de traballo ou cando se produzan algúns dos supostos previstos no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
  2. A bolsa de emprego terá unha vixencia de dous (2) anos contados dende a aprobación pola Alcaldía da resolución a que fai referencia a base 9, apartado 3, prorrogábeis por outro máis

11 Impugnación:

 As presentes bases e a súa convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co estabelecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contra a convocatoria e as bases, previo á vía xurisdicional contencioso-administrativa, que se poderá interpoñer no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello.

   (Convocatoria e mais bases íntegras en PDF)

20190617_Resolución_ 20190609_Resolución_Decreto_Resolución aprobación bases anim turismo 2019

 

 

 

 

 

32
Peza do mes no Museo Valle-InclánPeza do mes no Museo Valle-InclánXuño 15, 2019
TEATRO GHAZAFELHOS, VENRES 28 DE XUÑO, 20.30 h: programación cultural de verán da Pobra do CaramiñalXuño 20, 2019TEATRO GHAZAFELHOS, VENRES 28 DE XUÑO, 20.30 h: programación cultural de verán da Pobra do Caramiñal

Posts relacionados

ActualidadeCulturaEventos

A Pobra, próxima parada da presentación literaria de A tiempo

Ana Rial Maneiro Marzo 1, 2023
ActualidadeSeguridade

A estrada a carón da praia da Lombiña-Cabío permanecerá cortada co motivo do Rally de Ribeira-Ría da Arousa 2023

Ana Rial Maneiro Novembro 17, 2023
Artigos recentes
  • A Pobra celebra as Letras Galegas cun mes cheo de actividade cultural
  • José Luis Durán presentará na Pobra o seu libro ‘Canto dende Viana’
  • A Pobra acollerá a presentación do libro ‘Pontealbar’ de Adrián Noia
  • A Pobra celebra o Día do Libro cunha ‘solta’ de exemplares polo municipio
  • 37 equipos de categoría alevín participan na VII edición do Torneo Internacional Congalsa de fútbol base, que se celebrará entre o 23 e o 25 de maio
Comentarios recentes
  • A WordPress Commenter en Hello world!
  • Harry Olson en How to Make the Most of a Weekend
  • David Parker en How to Make the Most of a Weekend
  • Harry Olson en Exbition of the Picturesque City Views
  • David Parker en Exbition of the Picturesque City Views
Histórico
  • Abril 2026
  • Marzo 2026
  • Febreiro 2026
  • Xaneiro 2026
  • Decembro 2025
  • Novembro 2025
  • Outubro 2025
  • Setembro 2025
  • Agosto 2025
  • Xullo 2025
  • Xuño 2025
  • Maio 2025
  • Abril 2025
  • Marzo 2025
  • Febreiro 2025
  • Xaneiro 2025
  • Decembro 2024
  • Novembro 2024
  • Outubro 2024
  • Setembro 2024
  • Agosto 2024
  • Xullo 2024
  • Xuño 2024
  • Maio 2024
  • Abril 2024
  • Marzo 2024
  • Febreiro 2024
  • Xaneiro 2024
  • Decembro 2023
  • Novembro 2023
  • Outubro 2023
  • Setembro 2023
  • Agosto 2023
  • Xullo 2023
  • Xuño 2023
  • Maio 2023
  • Abril 2023
  • Marzo 2023
  • Febreiro 2023
  • Xaneiro 2023
  • Decembro 2022
  • Novembro 2022
  • Outubro 2022
  • Setembro 2022
  • Agosto 2022
  • Xullo 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Abril 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Xaneiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Maio 2021
  • Abril 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Setembro 2020
  • Agosto 2020
  • Xullo 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Febreiro 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019
  • Novembro 2019
  • Outubro 2019
  • Setembro 2019
  • Agosto 2019
  • Xullo 2019
  • Xuño 2019
  • Maio 2019
  • Abril 2019
  • Marzo 2019
  • Febreiro 2019
  • Xaneiro 2019
  • Decembro 2018
  • Novembro 2018
  • Outubro 2018
  • Setembro 2018
  • Agosto 2018
  • Xullo 2018
  • Xuño 2018
  • Maio 2018
  • Abril 2018
  • Marzo 2018
  • Xaneiro 2018
  • Decembro 2017
  • Novembro 2017
  • Outubro 2017
  • Setembro 2017
  • Agosto 2017
  • Xullo 2017
  • Xuño 2017
  • Maio 2017
  • Abril 2017
  • Marzo 2017
  • Febreiro 2017
  • Xaneiro 2017
  • Decembro 2016
  • Novembro 2016
  • Outubro 2016
  • Agosto 2016
  • Xuño 2016
  • Abril 2016
  • Marzo 2016
  • Febreiro 2016
  • Xaneiro 2016
Categorías
  • (SNL) Servizo de Normalización Lingüística (lingua galega)
  • Actualidade
  • Benestar
  • Benestar Animal
  • Cultura
  • Culture
  • Departments
  • Deportes
  • Desenvolvemento Local
  • Dinamización
  • Educación
  • Education
  • Emprego
  • Empresariado
  • Ensino
  • Eventos
  • Facenda
  • Igualdade
  • Industria
  • Medio ambiente
  • Memoria Histórica
  • Mobilidade
  • Mocidade
  • Museo Valle-Inclán
  • Normalización Lingüística
  • Obras
  • Oferta pública de emprego
  • Ordenanzas
  • Participación Veciñal
  • Patrimonio
  • Persoal
  • Plenos extraordinarios
  • Plenos ordinarios
  • Portal da veciñanza
  • Portal de transparencia
  • Promoción Económica
  • Relacións Institucionais
  • Réxime Interior
  • Sanidade
  • Seguridade
  • Servizos
  • Servizos Municipais
  • Servizos Sociais
  • Terceira idade
  • Trafic & Parking
  • Turismo
  • Últimas noticias
  • Uncategorized
  • Urbanismo
  • Voluntariado
Meta
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.org

Mira Lee

Follow Me. Be in Trend.

Categories
  • (SNL) Servizo de Normalización Lingüística (lingua galega) (103)
  • Actualidade (3.311)
  • Benestar (3)
  • Benestar Animal (10)
  • Cultura (1.056)
  • Culture (8)
  • Departments (5)
  • Deportes (260)
  • Desenvolvemento Local (57)
  • Dinamización (50)
  • Educación (17)
  • Education (5)
  • Emprego (62)
  • Empresariado (3)
  • Ensino (8)
  • Eventos (1.110)
  • Facenda (12)
  • Igualdade (273)
  • Industria (2)
  • Medio ambiente (256)
  • Memoria Histórica (28)
  • Mobilidade (24)
  • Mocidade (133)
  • Museo Valle-Inclán (93)
  • Normalización Lingüística (56)
  • Obras (47)
  • Oferta pública de emprego (39)
  • Ordenanzas (4)
  • Participación Veciñal (28)
  • Patrimonio (18)
  • Persoal (2)
  • Plenos extraordinarios (80)
  • Plenos ordinarios (84)
  • Portal da veciñanza (104)
  • Portal de transparencia (16)
  • Promoción Económica (212)
  • Relacións Institucionais (19)
  • Réxime Interior (1)
  • Sanidade (208)
  • Seguridade (124)
  • Servizos (100)
  • Servizos Municipais (89)
  • Servizos Sociais (131)
  • Terceira idade (9)
  • Trafic & Parking (4)
  • Turismo (277)
  • Últimas noticias (2.277)
  • Uncategorized (6)
  • Urbanismo (31)
  • Voluntariado (11)
Recent Posts
  • A Pobra celebra as Letras Galegas cun mes cheo de actividade cultural
    A Pobra celebra as Letras Galegas cun mes cheo de actividade cultural
    Abril 28, 2026
  • José Luis Durán presentará na Pobra o seu libro ‘Canto dende Viana’
    José Luis Durán presentará na Pobra o seu libro ‘Canto dende Viana’
    Abril 27, 2026
  • A Pobra acollerá a presentación do libro ‘Pontealbar’ de Adrián  Noia
    A Pobra acollerá a presentación do libro ‘Pontealbar’ de Adrián Noia
    Abril 23, 2026
Gallery
Etiquetas
ADOS alarma sanitaria alerta sanitaria A Pobra do Caramiñal Concello Concurso confinamento cultural coronavirus covid-19 cultura cultura na casa deportes deputación da coruña Desenvolvemento Local Destacado Dinamización doazón de sangue na pobra do caramiñal Emprego estado de alarma eu quedo na casa vendo o museo valle-inclán eventos Formación igualdade Medio ambiente Mocidade Museo Valle-Inclán museo virtual Nadal normalización da lingua galega obras de Valle-Inclán Normalización Lingüística Obras Pleno Promoción Económica queda na casa vendo o teu museo Sanidade seguridade Sergas servizos municipais Servizos Sociais turismo turismo cultural turismo literario valle-inclán traducido a galego vilas valleinclanianas visitas guiadas virtuais
Featured image: Proceso selectivo: bolsa emprego persoal animador turístico

Live Here!
Be a Part of Us

Sign up

Benvida/o á páxina web do Concello da Pobra do Caramiñal, onde poderá atopar información relativa a este municipio.

CONTACTO

Rúa Gasset, 28, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña

981 84 32 80

Luns – Venr de 09.00 a 15.00 horas .

INFORMACIÓN LEGAL

Aviso Legal

Política de Privacidad

Política de Cookies

Report a Pothole

Report a Streetlight Outage

mapa

Tódolos dereitos reservados a Concello da Pobra do Caramiñal
Usamos cookies no noso sitio web para ofrecerche a experiencia máis relevante lembrando as túas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar", aceptas o uso de TODAS as cookies.
Configuración de cookiesACEPTAR
Manage consent

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Delas, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.
Necessary
Sempre Activado
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web, de forma anónima.
CookieDuraciónDescrición
cookielawinfo-checbox-analytics11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checbox-functional11 monthsThe cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checbox-others11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-necessary11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-performance11 monthsThis cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy11 monthsThe cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades, como compartir o contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recoller comentarios e outras funcións de terceiros.
Performance
As cookies de rendemento utilízanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web que axudan a ofrecer unha mellor experiencia de usuario para os visitantes.
Analytics
As cookies analíticas úsanse para comprender como interactúan os visitantes co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre métricas de número de visitantes, taxa de rebote, fonte de tráfico, etc.
Advertisement
As cookies publicitarias úsanse para ofrecer aos visitantes anuncios e campañas de mercadotecnia relevantes. Estas cookies rastrexan os visitantes en sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Others
Outras cookies sen categoría son aquelas que se están analizando e que aínda non foron clasificadas nunha categoría.
GARDAR E ACEPTAR
gl