
TEATRO GHAZAFELHOS, VENRES 28 DE XUÑO, 20.30 h: programación cultural de verán da Pobra do Caramiñal
A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal realizará, a partir de 28 de xuño de 2019 e deica a fin de agosto, unha serie de actos polas rúas e prazas da nosa vila dirixidos a tódolos públicos, dende actividades infantís ata funcións para tódalas idades.
TEATRO GHAZAFELHOS, A illa sen tesouro
VENRES 28 DE XUÑO ÁS 20.30 h NO CANTÓN DA LEÑA (Se vai mal tempo, no teatro Elma.)
Música, bailes, pelexas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundíbel do teatro dos Ghazafelhos e unha lembranza a un clásico literario para toda a familia.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa Cultura no camiño da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Xunta.
Publicamos a seguir toda a axenda cultural deste verán de 2019. Esperámosvos !!!!
(Fotografía da casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, da Pobra do Caramiñal: ABSO)