
A XVI Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal dará comezo o domingo 31 de agosto ao XI Circuito de Carreiras Populares Barbanza Arousa
A XVI Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal dará comezo o domingo 31 de agosto ao XI Circuito de Carreiras Populares Barbanza Arousa, enmarcada no XVI Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A competición contará con 15 categorías distintas, tanto para deportistas federados como para non, e a saída e a meta situaranse na mesma localización para todas elas, na praza Alcalde Segundo Durán.
A primeira das probas comezará as 10.45 horas e xa ás 13.30 terá lugar a entrega de galardóns, na que se repartirán premios e en metálico e agasallos entre os gañadores e as gañadoras.
Para participar é necesario inscribirse antes do 28 de agosto ás 14.00 horas a través da web eventos.emesports.es.
Consultade aquí o reglamento:
Regulamento XVI Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal




