
O Concellería de Igualdade organiza un obradoiro de conciliación para o 4 de maio
O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha un novo obradoiro de conciliación para o vindeiro 4 de maio no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Con esta iniciativa, posta en marcha a través da Concellería de Igualdade, búscase facilitar a conciliación da vida laboral e persoal das familias do municipio, ofrecendo un espazo educativo para as crianzas neste día non lectivo.
O servizo contará, como é habitual, con Madruga e Comedor, ampliando o horario para as familias que así o precisen.
O curso da actividade é de 5 euros, establecéndose un desconto do 50 % para o segundo irmán ou irmá e a gratuidade para o terceiro/a.
O prazo de inscrición permanecerá aberto dende hoxe, venres 17 de abril, ata o 29 de abril. As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude de maneira telemática a través da sede electrónica ou presencial na oficina de rexistro municipal ou no Servizo de Igualdade.
As persoas que estean interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao propio Servizo de Igualdade, enviar un correo electrónico a igualdade@apobra.gal ou chamar ao teléfono 981 832 764 (extensión 6).
Descarga aquí a ficha de inscrición.



