Últimas Novas

“A desfeita”, de Albert Camus: presentación de clásicos en galego, venres 6 de marzo ás 20 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán

“A desfeita”, de Albert Camus: presentación de clásicos en galego, venres 6 de marzo ás 20 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán

            A Asociación Cultural Barbantia organiza na nosa comarca a presentación que diversas entidades culturais están a realizar, por varias zonas da xeografía galega, da obra La Chute (1956), traducida á nosa lingua, do premio Nobel de literatura (1957) francés Albert Camus, un dos filósofos clásicos do existencialismo.

Na Pobra do Caramiñal, o evento decorrerá no día 6 de marzo de 2020 (venres) a partir das 20 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Contaremos coa presenza do tradutor ó galego (A desfeita), o catedrático universitario Xosé Manuel Beiras, quen foi tamén membro numerario da Real Academia Galega (RAG), e é escritor e tradutor de varias obras do francés ó galego, especialmente de Albert Camus.

               A obra está arrequecida cun prólogo do propio tradutor e un epílogo de Roger Quilliot.

Tamén contaremos coa presenza do director da editorial Espiral Maior, o poeta Miguel Anxo Fernán Vello; de Esperanza Mariño, profesora e escritora de orixe pobrense; de  Manuel Cartea, presidente da Asociación Cultural Barbantia; e mais do alcalde e da concelleira da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal.

Entrada libre ata se enche-la cabida do local