
Pleno ordinario
O vindeiro xoves, 24 de setembro, ás 12:00 horas, celebrarase unha sesión ordinaria do Pleno no salón de plenos da Casa do Concello.
Orde do día
Parte I: adopción de acordos
1. Aprobación se procede, da acta anterior (06 de agosto de 2026).
2. Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.
3. Dar conta da aprobación e da remisión ao Ministerio de Facenda (MINHAC) da liquidación do orzamento do 2025 (expediente núm. 2877/2026).
4. Dar conta do informe de avaliación e comunicación ao MINHAC do cumprimento dos obxectivos de estabilidade presupostaria con ocasión da remisión do orzamento para o exercicio económico 2026.
5. Proposta de Alcaldía relativa á solicitude de subvención nominativa á Deputación da Coruña.
6. Proposta de aprobación inicial da modificación da ordenanza de circulación do Concello da Pobra do Caramiñal.
7. Proposta da Alcaldía de incoación de expediente de recoñecemento público ao axente da Policía Local Marcos Rodríguez Iglesias.
8. Proposta de urxencia de aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións (PES).
9. Moción do Grupo Municipal do PP relativa ao nome do módulo cuberto de atletismo do Estadio Municipal da Alta.
10. Moción do Grupo Municipal do PP relativa á preocupación pola seguridade no noso concello.
Parte II: control órganos de goberno
1. Rogos e preguntas.
Animamos a veciñanza a asistir á sesión ou a seguila mediante o cable de YouTube do Concello para coñecer de primeira man os asuntos que se abordarán.


