Últimas Novas

Actos do día da folga mundial contra o cambio climático, venres 27 de setembro de 2019

Actos do día da folga mundial contra o cambio climático, venres 27 de setembro de 2019

     O Concello da Pobra do Caramiñal súmase á iniciativa “FOLGA MUNDIAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO” ante a grave crise ambiental que sofre o noso planeta.

Para que toda a veciñanza poida participar nesta iniciativa haberá as seguintes accións no día 27 de setembro, venres:

  • Ás 10:30 h CADEA HUMANA NA PRAIA DOS AREOS. Aberta a todo o público
  • Ás 16:00 h RECOLLIDA DE LIXO NO RÍO PEDRAS. Para maiores de 12 anos e con inscrición previa obrigatoria en

 medioambiente@apobra.gal ou chamando ó 981-843280, extensión 2008

  • Ás 20:30 h CONCENTRACIÓN NO CANTÓN DA LEÑA. Aberta a todo o público

Trátase dunha mobilización mundial polo clima que se está a realizar en todo o mundo entre os días 20-27 de setembro de 2019, ante o estado de emerxencia climática.

Os colectivos denuncian que a crise climática actual é unha consecuencia directa do modelo de produción extractivista, excesiva e consumista que rexe nos días de hoxe.

Así mesmo, as accións de loita contra esta crise deben ser asumidas por tódalas persoas, sobre todo en países enriquecidos, polas súas sociedades, empresas e partidos políticos.

 O FUTURO DEPENDE DE TI!

Dentro das actividades previstas para este venres, a de RECOLLIDA DE LIXO terá as seguintes condicións:

  • Necesita inscrición previa obrigatoria. Basta con cubri-la folla de inscrición que se achega aquí mesmo (v. debaixo). Unha vez asinada pódese enviar polo correo electrónico a medioambiente@apobra.gal, ou presentala directamente na área do Medio Ambiente do Concello. O prazo de inscrición remata no xoves día 26 de setembro ás 14:00 h
  • Non é apta para menores de 12 anos.
  • As persoas participantes menores de idade deberán ir acompañadas dunha persoa responsábel maior de idade.
  • O lugar de encontro para a recollida de lixo é a zona de aparcamento da Aldea Vella.
  • A duración da actividade será aproximadamente de 2 horas: dende as 16:00 h ata as 18:00 h
  • O Concello proporcionará bolsas e luvas.

RECOLLIDA LIXO_FOLLA DE INSCRICIÓN VOLUNTARIADO