Últimas Novas

ASEMBLEAS VECIÑAIS febreiro 2020: ven e dálle ó Concello a túa opinión!

ASEMBLEAS VECIÑAIS febreiro 2020: ven e dálle ó Concello a túa opinión!

            Nesta primeira semana do mes de febreiro de 2020, o Concello da Pobra do Caramiñal inicia unha rolda de asembleas veciñais polas zonas rurais do concello, ata o día 20 de febreiro. É a primeira das roldas de asembleas deste novo mandato. Serán ás 20.30 h

         O obxectivo é recoller propostas para os orzamentos de 2020. Serán nove en total, un grande esforzo para o grupo de goberno, pero o compromiso de fomenta-la participación veciñal é fundamental para nós.

A nosa intención é que todo veciño ou veciña teña a oportunidade de achega-las suxestións que considere oportunas.

Unha boa oportunidade para tratarmos en persoa todos aqueles temas que sexan de interese para a veciñanza da zona ou para o concello en xeral.

Nesta primeira semana, iremos ós centros socioculturais:

       día 4: no Camiño Ancho

día 6:  no Maño. Previamente, ás 19.30 h haberá un sinxelo acto de inauguración do centro (escola de Vilariño). A seguir, ás 20.30 h será a asemblea.

Non as perdades!!

Esperámosvos!

(Informamos de que as asembleas de 18, 19 e 20 de febreiro de 2020 foron adiadas para semanas vindeiras. Iremos comunicando as novas datas.)