Últimas Novas

BONO CONCILIA, de 0 a 3 anos: aberto xa o prazo de solicitudes, deica o día 27 de agosto de 2020

BONO CONCILIA, de 0 a 3 anos: aberto xa o prazo de solicitudes, deica o día 27 de agosto de 2020

 

            A Consellaría da Política Social publicou no DOG n.º 149 de 27 de xullo de 2020 as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono Concilia.

O prazo para facer efectivas as solicitudes estará aberto dende 28 de xullo ata 27 de agosto de 2020. Os veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal interesadas en obteren máis información ou tamén en formaliza-la solicitude da axuda pódense poñer en contacto co departamento dos Servizos Sociais chamando ó teléfono 981 83 27 64 (opción 4).

Tamén se pode tramitar telematicamente, a través da sede electrónica da Xunta:

 

https://sede.xunta.gal

 

Para presenta-las solicitudes pola Internet poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365:

 

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

 

As bases reguladoras completas destas axudas están no DOG na seguinte ligazón:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200727/AnuncioG0425-150720-0001_gl.html