Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXXI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXXI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

Visión I

Siro [Siro López]

Acrílico sobre lenzo

2007

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: venres 17 de abril de 2020

De antigo vén pelexando don Ramón pola mellora da escena española. Desenganado dos salóns, hai moito tempo que foxe de toda a colaboración cos empresarios á moda. O seu concepto de teatro é claro e sinxelo. Redúcese a interpreta-las obras dramáticas. Non en van Valle-Inclán é tido por estilista. Non todo o mundo sabe, non obstante, o que tal ditado significa. Para os máis quere dicir que escribe ben, e mesmo, con notorio erro, que se comprace preferentemente en belos xiros da linguaxe. Non ven tales persoas que o estilo consiste na adecuación, en estreita correspondencia do ton do asunto. O teatro, no fin de contas, non é senón isto, estilo, un ton e unha maneira que representen e caractericen a realidade. Pero a representación dramática é esencialmente plástica. Don Ramón del Valle-Inclán é talvez o único escritor español que encadra as súas obras literarias nun ambiente pictórico.

(Rivas Cherif: “Os amigos de Valle-Inclán. Segunda carta aberta sobre un teatro novo”. A Pluma, 28.08.1920)

 

 

 Cita orixinal castelá:

De antiguo viene peleando don Ramón por el adecentamiento de la escena española. Desengañado de los saloncillos, hace mucho tiempo que rehúye toda colaboración con los empresarios al uso. Su concepto de teatro es claro y sencillo. Se reduce a interpretar las obras dramáticas. No en vano tiénese a Valle-Inclán por estilista. No todo el mundo sabe, sin embargo, lo que tal dictado significa. Para los más quiere decir que escribe bien, y aun, con notorio error, que se complace preferentemente en bellos giros del lenguaje. No ven los tales que el estilo consiste en la adecuación, en estrecha correspondencia del tono del asunto. El teatro, en fin de cuentas, no viene a ser sino esto, estilo, un tono y una manera que representen y caractericen la realidad. Pero la representación dramática es esencialmente plástica. Don Ramón del Valle-Inclán es tal vez el único escritor español que encuadra sus obras literarias en un ambiente pictórico.

(Rivas Cherif: “Los Amigos de Valle-Inclán. Segunda carta abierta sobre un teatro nuevo”. La Pluma, 28.08.1920)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan