Últimas Novas

Xuño 2019, Mes do Medio Ambiente na Pobra do Caramiñal

Xuño 2019, Mes do Medio Ambiente na Pobra do Caramiñal

0 comments

A Pobra do Caramiñal celebra O MES DO MEDIO AMBIENTE cun programa cheo de actividades lúdicas e formativas para persoas adultas e nen@s.

Con estes eventos quérese mostra-la diversidade biolóxica que existe no concello, para que todo o mundo a coñeza, que desfrute dela e que a protexa.

Tódalas actividades son gratuítas.

Información e inscricións en

medioambiente@apobra.gal

Tfno.: 981843280 extensión 2008

MÉRCORES 5 DE XUÑO, 20:30 h

Auditorio do Museo Valle-Inclán

“A PÍLLARA DAS DUNAS, UN FRÁXIL TESOURO POR CONSERVAR NAS NOSAS PRAIAS”,  María Vidal, doutora en Bioloxía e investigadora no Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela

Considerada como ave do ano 2019 pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife), a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) está no noso país nunha situación de especial vulnerabilidade. A dificultade da súa conservación radica especialmente no seu hábitat e zona de cría, xa que utiliza as zonas intermareais das praias e aniña na area. Os riscos máis importantes para a especie son de orixe humana: o uso de máquinas cribadoras para “limpa-las praias”, que esmagan niños e polos; os cans sen correa que depredan as crías, e a falla de coñecemento por parte das persoas. No concello da Pobra do Caramiñal, este ano 2019 unha parella chegou a chocar 3 ovos. Que os poliños destas aves vaian adiante depende en gran medida da nosa axuda. Por iso, é importante coñecer este pequeno gran tesouro.

FEIRA DO MEDIO AMBIENTE

Casetas nos Xardíns Valle-Inclán

VENRES 7 DE XUÑO,  17:00-21:00   APERTURA DA FEIRA

SÁBADO 8 E DOMINGO 9 DE XUÑO, de  11:00-14:00 e de 17:00-21:00

 

COA PRESENZA DA

  • PROTECTORA MOURA E PROTECTORA ARCA
  • CEIDA
  • ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA ENCORO DO CON
  • ECOEMBES
  • NOSA ENERXÍA
  • E OUTRAS…..

Nas casetas as organizacións e asociacións mostrarán cales son as súas actividades e proxectos.

XOVES 6 DE XUÑO

De 16:00 a 19:00 h

Aula de estudo (enriba da biblioteca municipal)

ACCIÓN FORMATIVA ABERTA Ó PÚBLICO: ACTUACIÓN EN CASO DUNHA VARADA DE CETÁCEOS, Alfredo López, biólogo da Cemma

PRECISA INSCRICIÓN PREVIA (máx. 30 prazas)

Nesta actividade o que se pretende é facilitar pautas para saber que facer se atoparmos algún cetáceo varado nas praias, como xa sucedeu nalgún caso este ano na Pobra. Será 1 hora de teoría na aula de estudo (enriba da biblioteca municipal) e, despois, unha saída práctica á praia.

IMPORTANTE: Se as condicións meteorolóxicas non acompañan cambiarase a data da acción formativa para outra data posíbel, tras dar aviso ás persoas interesadas e mantendo as súas inscricións. A charla dos cetáceos ás 20:30 manterase.

Ás 20:30 h, auditorio do Museo Valle-Inclán

“TARTARUGAS E MAMÍFEROS MARIÑOS NA RÍA DA AROUSA”, Alfredo López, biológo da Cemma

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) é unha ONG galega fundada en 1992, dedicada ó estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas da Galiza, a través da investigación, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos. Para atopar información máis extensa esta é a súa páxina web: http://www.cemma.org/

 

VENRES 7 DE XUÑO

17:00 h

Xardíns Valle-Inclán

Apertura da FEIRA DO MEDIO AMBIENTE

20 h, auditorio do Museo Valle-Inclán

Presentación do libro “NA DEFENSA DOS ANIMAIS”: autor, Oscar Horta

Para sabermos máis destes nosos amigos e da nosa responsabilidade co seu coidado e protección.

( NOTA: O acto é ás 20 h )

 

SÁBADO 8 DE XUÑO

11:00-14:00 h

Xardíns Valle-Inclán

XINCANA AMBIENTAL PARA NEN@S DE 6-12 ANOS

PRECISA INSCRICIÓN PREVIA (máx. 48 prazas)

Os nen@s realizarán unha serie de probas de habilidade e enxeño con relación ós distintos ecosistemas que hai na Pobra: litoral (na praia dos Areos), marismas (paseo das Xunqueiras) e espazos verdes urbanos (xardíns Valle-Inclán). En cada un destes ecosistemas habita fauna e flora con características diferentes, xerando variedade de formas, cores e, en xeral, biodiversidade. Preténdese que @s nen@s xogando aprecien estes valores naturais. Ademais, como premio sortearanse entre @s rapaces/as que participaren 8 VIAXES EN CATAMARÁN Á ILLA DE SÁLVORA, coas respectivas persoas acompañantes adultas, para o día 7 DE XULLO. Como non, tódolos nen@s que participaren na xincana recibirán un agasallo.

20:30 h, auditorio do Museo Valle-Inclán

“CAUSAS, EFECTOS E SOLUCIÓNS DA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA”

Marco Antonio Vilar Sanlés, socio activo dende 2009 da Asociación Astronómica Sirio

Cando se fala de contaminación, os dous tipos de contaminación que sempre se esquecen son a acústica e maila lumínica. As consecuencias desta contaminación lumínica son, entre outras,  malgastar enerxía e diñeiro, e a perda de patrimonio cultural ó desapareceren estrelas e demais obxectos celestes, e incluso danos á mesma natureza, porque se cambian as condicións de vida de animais e plantas que están activos pola noite. Coa charla e coa saída nocturna quérese divulga-la importancia de recuperármo-los nosos ceos, sen necesidade de diminuí-la visibilidade nocturna nin a seguridade para as persoas.

22:00 h, dende o Museo Valle-Inclán

SAÍDA ASTRONÓMICA NOCTURNA

PRECISA INSCRICIÓN PREVIA (máx. 50 prazas)

Unha vez rematada a charla iremos en autobús ata A CUROTA para observármo-los ceos nocturnos da comarca do Barbanza. Alí, con especialistas en astronomía, e equipamento como telescopios, buscarémo-las marabillas do ceo nocturno, cada vez máis esquecido pola contaminación luminosa. Esta saída está aberta ó público en xeral, tanto nen@s como adult@s. Durará aproximadamente 2 horas e despois voltaremos no mesmo bus en que se chegou á Curota. A encargada de mostrárno-lo ceo será a empresa MUNDO ESTRELLADO (https://empresamundoestrel.wixsite.com/mundoestrellado).

IMPORTANTE: Se as condicións meteorolóxicas non acompañan cambiarase a data da saída nocturna para outra data posíbel dentro do mes de xuño, tras dar aviso ás/ós interesad@s e mantendo as súas inscricións. A charla da contaminación lumínica ás 20:30 manterase.

 

DOMINGO 9 DE XUÑO

11:00-14:00 h

Xardíns Valle-Inclán

OBRADOIROS PARA NEN@S DE TÓDALAS IDADES

 

MÉRCORES 12 DE XUÑO

20:30 h, auditorio do Museo Valle-Inclán

 “O RADON E OS SEUS EFECTOS SOBRE A SAÚDE. MEDICIÓN E MAPA DE RADON DA GALIZA”, Alberto Ruano Raviña, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela

Con esta charla, quérese dar información á veciñanza da Pobra sobre o que é o gas radon e cales son as solucións ante os problemas de saúde que poida crear. Darase resposta á cuestión do que é o radon e por  que  é importante, como saber se hai radon no espazo interior de vivendas ou edificios públicos, que tipo de laboratorio pode face-las medicións e interpretacións, e tamén a lexislación que hai sobre o tema. No concello da Pobra xa se teñen feito análises deste gas en tódolos centros de ensinanza.

 

MÉRCORES 19 DE XUÑO

20:30 h  auditorio do Museo Valle-Inclán

“BIODIVERSIDADE DAS AUGAS CONTINENTAIS”

Rufino Vieira Lanero, doutor en Bioloxía e actual xefe da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con

A Pobra do Caramiñal, aínda que costeira e litoral, tamén ten na súa orografía ríos importantes como o Lérez, o Pedras, ou o Xunderama, entre outros. Nestes ríos habitan fauna e flora moi variada, de gran valor ecolóxico e en moitas ocasións indicadores de boa calidade da auga.Coa charla quérese ensina-la importancia destes ecosistemas fluviais, moi fráxiles, da man de persoal experto da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, que xa leva moitos anos dedicados a divulgar e formar sobre ecosistemas acuáticos continentais.

 

CONFERENCIA ANULADA!!!!!  (Por motivos alleos ó Concello)

MÉRCORES 26 DE XUÑO

20:30 h  auditorio do Museo Valle-Inclán

ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS”, Ramsés Pérez Rodríguez, licenciado en Ciencias da Educación , educador ambiental e membro da Adega

A Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade dedica un capítulo específico á prevención e control das especies exóticas invasoras, estabelecendo unha serie de medidas para reduci-lo seu impacto sobre a biodiversidade nativa. Especie exótica invasora é aquela especie exótica que se estabelece nun ecosistema ou hábitat natural ou seminatural, constitúe un axente de cambio e ameaza a diversidade biolóxica nativa” (UICN, 2000). Coa charla coñeceremos algunhas das principais especies exóticas invasoras de fauna e flora, os seus impactos na natureza e o que cadaquén pode facer para diminuí-la súa presenza.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.