GUÍA DAS CASAS MUSEO E RUTAS DE VALLE-INCLÁN
Este xoves 7 de abril, ás 20:00 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán, terá lugar a presentación ó público da nova guía dedicada ás casas museo e rutas valleinclanianas activas na Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa.
A edición, en formato libro, ofrece por primeira vez unha visión conxunta de ámbalas institucións e localidades, unidas polo xenio e figura de don Ramón, un galego protagonista das letras internacionais. Con contidos integramente anovados, así nos seus textos coma nas súas fotografías, é da autoría de Antonio González Millán e Rosa M.ª Brea Paz, responsábeis de dirección na torre de Bermúdez e no pazo do Cuadrante respectivamente. Foi redactada en versión trilingüe: galego, castelán e inglés, para favorece-la súa interpretación entre o persoal usuario duns centros onde arriban persoas viaxeiras, excursionistas e escolares de variada procedencia xeográfica.
Está patrocinada pola Xunta a través da Secretaría Xeral de Cultura, que colabora cos centros museísticos de ámbalas localidades, no marco do 150.º aniversario do nacemento do escritor, que ten a súa continuidade en 2017. Durante este acto de presentación entregarase un exemplar gratuíto ás persoas asistentes.