
O Pleno da Corporación municipal reunirase en sesión ordinaria este xoves, 26 de novembro
A sesión terá lugar ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello e poderá seguirse en directo a través da canle municipal de YouTube.
Este xoves, 26 de novembro, celebrarase unha nova sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal da Pobra do Caramiñal, na que se abordarán diferentes asuntos relacionados coa xestión económica municipal, as políticas de igualdade, a sanidade pública, o transporte, a lingua e a vivenda, entre outros.
A orde do día da sesión é a seguinte:
PARTE I. ADOPCIÓN DE ACORDOS
- Aprobación, se procede, das actas anteriores (24 de setembro e 4 de novembro de 2026).
- Dar conta de decretos de Alcaldía e asuntos varios.
- Dar conta do informe de Intervención de execución trimestral 3º trimestre ano 2026.
- Dar conta do informe de Intervención do PMP correspondente ao 3º trimestre ano 2026.
- Dar conta do informe de Intervención normativa morosidade 3º trimestre ano 2026.
- Dar conta do informe de Intervención relativo ao custo efectivo dos servizos ano 2025.
- Dar conta de informes de reparos 2026.
- Proposta de Alcaldía para participar no POS+Adicional 4/2026 para gastos correntes, redución de débeda dos concellos coa Deputación ou investimentos financeiramente sostibles.
- Proposta de Alcaldía de desestimación das alegacións presentadas por Angela González García, en relación cun camiño municipal sito no lugar de Campo-Angustia.
- Proposta da Concellería de Igualdade de posicionamento claro en defensa do feminismo, dos dereitos das mulleres e das políticas públicas de igualdade.
- Moción en defensa da sanidade pública.
- Moción do grupo municipal do BNG, relativa ao incumprimento da empresa Monbus das novas condicións contractuais no transporte escolar da comarca do Barbanza.
- Moción do grupo municipal do BNG, relativa ao apoio á Iniciativa Lexislativa Popular da Lingua Vital para reverter a emerxencia lingüística.
- Moción do grupo municipal do PP, relativa á política de vivenda.
- Moción do grupo municipal do PP, relativa á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
- Moción do grupo municipal mixto para esixir a aplicación do IVE 0 % aos produtos de hixiene íntima feminina e combater a pobreza menstrual.
- Moción do grupo municipal mixto para esixir á Xunta de Galicia maior dilixencia na execución dos orzamentos destinados aos concellos e coherencia no financiamento local.
PARTE II. CONTROL DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
- Rogos e preguntas.
DECRETO 2026-1275 [CONVOCATORIA PLENO]
Desde o Concello anímase a veciñanza a asistir á sesión plenaria ou a seguila en directo a través da canle municipal de YouTube, no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/live/KhdDMIA6MWc?is=_nm1OjrLih4AtEB7


