XXXI MARCHA POPULAR DO BARBANZA
Terá lugar o 1 de maio, como se leva facendo durante 31 edicións, a hora de saída será ás 10.30h dende os Xardíns de Valle-Inclán en autobús cara a Curota.
O percorrido será de 21 km de dificultade media/baixa, e pasará por lugares como: Miradoiro da Curotiña, Bañadoiro, A Portela, A Graña, Iroite, Casmea, Arsellas, Soutelo, Camboño, Corral de Arriba, Millarelo, Bouzas, Miñortos, O Fieiro e o remate será na Praia de Boa (Noia).
Información e inscrición na Oficina de Deportes do Concello sita na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, teléfonos 981832590- 981831545- 619229946.
Organiza Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal.