A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. TEATRO INFANTIL.
O martes 9 de maio ás 12.00 h. no Elma a Compañía de Teatro Redrum presenta “A nena que quería navegar” para o alumnado de 4º, 5º e 6º do Colexio Salustiano Rey Eiras.
É unha comedia familiar que trata de previr situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima dos menores.
Está protagonizada polos actores Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio.
“A Nena está farta de ser o centro das burlas do seus sus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e canciónss, devolveralle a autoestima perdida. Enseñaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos”.