
TRIO REFUGALLO “RITMO DE REFUGALLO”
MÉRCORES 26 DE XULLO ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA
(SE CHOVE NO TEATRO ELMA)
A animación toma as rúas da vila con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.